RESULTADOS E CRÓNICA DA XORNADA 4

Esta fin de semana, a primeira de Maio, tivo lugar a cuarta xornada de competición de Primeira Atonómica do fútbol base na comarca de Ferrolterra, nas que están inscritas as nosas categorías inferiores. A xornada non foi todo o positiva que quixéramos en canto a resultados, que se resumen en 3 derrotas e tan só 1 vitoria.

Abría a xornada o noso equipo Benxamín, contra o Galicia de Caranza, en partido adiantado ó xoves 29 de Abril ás 18h. e disputado no Municipal de Gallamonde. Un partido no que os nosos máis pequenos trataron de conter no primeiro tempo a un rival moi forte, que acabou por impoñerse claramente cun resultado final de 1-8.

O venres 30 de Abril ás 18:30h. o equipo Infantil visitaba ó Galicia de Caranza, para enfrontrase ó lider da competición, que conta tódolos seus partidos por vitorias. Os nosos rapaces comezaron moi cedo por detrás no marcador, ó encaixar nos primeiros minutos ó 1-0 co que se chegou ó descanso. Ao longo do partido tivemos fases de dominio e ocasións para poder equilibrar o encontro, pero non se materializaron e acabamos por encaixar 3 goles máis nos 10 últimos minutos do partido chegando ó final cun marcador de 4-0 que creemos que non reflexa o igualado do encontro, nin premia o esforzo dos nosos.

Ó día seguinte, o sábado 1 de Maio ás 10:15h., era o noso equipo Cadete o que visitaba as instalacións do Galicia Caranza, saindo goleado de forma clara, xa cun 5-0 ó descanso. Aínda así os nosos cadetes non baixaron os brazos ata ó final, ó que se chegou co resultado de 6-0.

Cando xa íbamos a catalogar a xornada como negra en canto a resultados, chegou por fin a ansiada vitoria, unha vez máis da man do noso equipo xuvenil, no partido disputado contra os da S.D. O Val-B, o domingo ás 11h. no Municipal de Gallamonde. Vitoria clara e merecida a dos nosos xuvenís, que ó descanso xa gañaban cun resultado parcial de 2-1, e que co paso dos minutos incrementeban o dominio, acumulando ocasións, ata chegar ó remate do encontro co resultado final de 4-1. Con este resultado seguimos loitando na cabeza da clasificación, despois de perder o liderato a pasada semana, afianzándonos agora na segunda posición a tan só 1 punto do lider.

Para rematar deixámovos o vídeo do gol que supuxo o 3-1 no partido dos xuvenís, acadado de penalti

Seguiremos informando e crecendo #EnOndaCoMiño🌊 ⚪🔴⚪

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad