admiño

A.D. MIÑO COMUNICADO OFICIAL: DESPEDIDA DE ANDRÉS ANDRADE E ÁNGEL NOVO, ADESTRADORES DO PRIMEIRO EQUIPO

Por medio da presente nota informativa comunicamos que, o ata agora adestrador do primeiro equipo, Andrés Andrade non continuará no club para a seguinte temporada.

Esta marcha non está fundamentada en aspectos deportivos, senón que se debe a temas persoais do propio adestrador, que lle levan a tomar esta difícil decisión.

Dende tódolos estamentos do club lamentamos esta perda, posto que consideramos que no tempo que estivo con nós demostrou ser un gran profesional, cun compromiso admirable que nos axudou a seguir medrando deportivamente.

Máis aló do eido deportivo, lamentamos tamén, aínda máis se cabe, a súa perda no aspecto humano, onde tamén demostrou ser unha gran persoa, tanto en principios, como en valores e en calidade humana.

Con él vaise tamén o seu compañeiro inseparable, que o acompañou nesta andadura no noso primeiro equipo, Ángel Novo, co que formou un tándem perfecto e que, ó igual que o propio Andrés, tamén demostrou ser un bo profesional e persoa.

A traxectoria deportiva de Andrés nas algo máis de 2 temporadas que estivo con nós na categoría de Primeira Autonómica, podemos calificala de moi satisfactoria. Colleu o equipo, cando estábamos a atravesar unha situación complicada a falta de 9 xornadas para o remate da temporada 2017/2018, obtendo un balance de 6 vitorias, 1 empate e tan só 2 derrotas. Esa mesma temporada acadamos con él o Campeonato de Copa de Ferrol, vencendo na final ó Galicia de Mugardos. Na súa última temporada, a 2019-2020, que foi interrumpida e non se chegou a rematar pola pandemia da Covid-19, levou ó equipo ata unha meritoria 5 posición na liga e ás semifinais do Campionato da Copa de Ferrol que se viron tamén suspendidas pola pandemia.

Dende o club enfocamos esta despedida non como un adiós, senón como un ata logo, posto que Andrés será sempre “un dos nosos” e sabemos que dunha ou outra forma seguirá estando #EnOndaCoMiño 🌊 e quén sabe se incluso nos volveremos a atopar no #CaMiño ⚪🔴⚪

SÓ NOS RESTA DARCHE AS GRAZAS E DESEXARCHE SORTE, TANTO NO EIDO PERSOAL, COMO NO PROFESIONAL E NO DEPORTIVO.

ATA SEMPRE ANDRÉS!!! 👏👏⚽️🏆🙌🙌

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad