RESUMO DEPORTIVO DA TEMPADA 2024/25
.
PRIMEIRO EQUIPO:
BALANCE MOI POSITIVO PARA O NOSO PRIMEIRO EQUIPO: Segundo ano militando en Preferente FUTGAL, que sirveu para afianzarse na categoría, acadando o principal obxectivo, que non era outro que a permanencia, de forma moi folgada nunha tempada moi similar á anterior, cun moi bo inicio de campaña que nos situou provisionalmente na zona alta da clasificación e aguantando ata o último tercio da competición en postos de promoción de ascenso a Terceira RFEF, pero na recta final encadenamos varias derrotas que nos deixaron na zona media da táboa, rematando na 10ª posición. Chegamos tamén a semifinais da Copa de Ferrol, onde caemos eliminados nunha das derradeiras xogadas do partido.
.
EQUIPO FILIAL:
Temporada moi complicada para o noso filial, con numerosas e importantes baixas que o lastraron ao logo da competición, pero que igualmente foi capaz de acadar, coa axuda dos xuvenís, o obxectivo do ascenso e voltar así a recuperar a categoría de Segunda FUTGAL de Ferrol, despois de xogar este ano na Terceira de Coruña, contra rivais novos aos que non coñecían, porque nunca se enfrontaran anteriormente.
.
XUVENIL:
Boa campaña a dos nosos xuvenís, que tamén repiten unha tempada moi similar á anterior, conseguindo clasificarse para o primeiro grupo que permitía loitar polo ascenso de categoría e tamén participar na Copa de Ferrol, na que caeron eliminados a penaltis en cuartos de final, contra o campión de Liga.
.
CADETE:
Positiva tamén a campaña dos cadetes que, aínda que non puideron clasificarse para o primeiro grupo, loitaron ata o final por gañar o campionato no segundo, rematando nunha meritoria segunda posición e chegando tamén a semifinais no torneo da Copa Consolación de Ferrol.
.
INFANTIL-A:
Boa campaña a do noso Infantil-A, que consigueu clasificarse para o primeiro grupo o que lle permitíu enfrontarse aos mellores equipos da comarca de Ferrolterra e competir contra eles a moi bo nivel.
.
INFANTIL-B
Meritoria campaña do Infantil-B, composto íntegramente por rapaces de primeiro ano, que se estreaban na modalidade de fútbol-11, e lograron proclamarse campións do terceiro grupo nesta categoría nova para eles.
.
ALEVÍN-A e ALEVÍN-B
Os nosos dous equipos de alevíns tiveron unha traxectoria moi similar ao longo desta tempada, posto que os dous se clasificaron para desputar a segunda fase no mesmo tramo de nivel, quedando tamén bastante parellos na clasificación, ocupando a 6ª e 7ª praza respectivamente no terceiro grupo dos seis que había en total.
.
BENXAMÍN:
Boa campaña tamén a dos nosos benxamíns, que se clasificaron para un grupo intermedio de nivel, o terceiro de cinco, no que acadaron o subcampionato ao rematar na segunda posición, proclamándose posteriormente campións do Torneo de Copa Consolación de Ferrol.
.
PREBENXAMÍN
Tamén positiva a tempada dos nosos máis pequenos, os prebenxamíns, que se clasificaron para o primeiro grupo, polo que competiron contra os mellores equipos da contorna para rematar na sexta posición da clasificación xeral.
.
VETERÁNS
Rematamos este balance falando do noso equipo de veteráns que, despois de moitos anos dándonos alegrías, consuman esta tempada un descenso de categoría, tras unha campaña chea de baixas e infortunios, pero seguro que voltarán a recuperala axiña.
.
DESPEDÍMONOS POR ESTA TEMPADA, LEMBRANDO QUE PARA A SEGUINTE PODEDES FORMAR PARTE DOS NOSOS EQUIPOS E DESTA GRAN FAMILIA QUE É A AD MIÑO, POSTO QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE CARA Á VINDEIRA CAMPAÑA 2025/26. Máis información e inscripcións a través de info@admiño.es ou no 629221516.
NON AGARDES MÁIS E INSCRÍBETE XA, PARA ESTAR O VINDEIRO ANO #EnOnDaCoMiño
#ADMiño