CRÓNICA RESUMO DA SEGUNDA XORNADA NAS NOSAS CATEGORÍAS DE FÚTBOL BASE
Esta fin de semana tivo lugar a segunda xornada das competicións oficiais nas que están inscritas as nosas categorías do fúltbol base. Unha vez máis tivemos sortes dispares en canto os resultados obtidos polos nosos equipos, que se resumen en 2 derrotas, 2 empates e 1 victoria.
Abriron a xornada os nosos Benxamíns, o venres 16 ás 17:30h. en Gallamonde, estreándose na competición posto que na primeira xornada descansaron. Enfrontáronse ó Galicia de Caranza-C, nun partido que aguantaron ata o descanso, ó que se chegou co resultado de 0-0, para ó final acabar caendo por 0-5 no segundo tempo, cando as forzas comezaron a fraquear.
A esa mesma hora, pero no Campo da Gándara en Ferrol, enfrontábase o noso equipo Cadete ó Ánimas S.C.R.D. nun partido cheo de emoción e alternativas no marcador, posto que comenzamos perdendo con resultados parciais de 1-0 e 2-1, conseguindo remontar ata poñernos por diante no marcador cun 2-3, para ó final acabar cedendo un empate a 3 definitivo, cun gol encaixado nunha das últimas xogadas do partido.
Para pechar a xornada do venres, tivemos o partido dos nosos Alevíns, que tamén se estreaban na competición tras una primeira xornada de descanso, enfrontándose o C.D. Narón en Gallamonde ese mesmo venres ás 18:45h. e que acabou cun resultado final desfavorable de 1-3, aínda que durante o partido dispuxemos de ocasións para intentar obter un resultado mellor, posto que tivemos algúns remates ós postes, que pudieron cambiar o rumbo do partido.
Xa na xornada do sábado día 17, ás 12h. no campo da Gándara enfrotrouse o noso equipo Infantil contra o Ánimas S.C.D.R.-B, chegando ó descanso cun resultado favorable de 0-1, para acabar por perder ese gol de ventaxa no segundo tempo e rematar o partido cun empate final 1-1.
A vitoria para os nosos equipos, que veu unha vez máis de mans dos xuvenís, fíxose agardar posto que non chegou ata o último partido da xornada, que foi o disputado contra o C.D. Narón, no campo de O Cadaval o sábado ás 18h. Un partido tamén moi igualado, o que se reflexou no resultado de 0-0 ó descanso, para dar paso a un segundo tempo donde chegaron os goles: primeiro adiantándonos no marcador cun gol de penalti, para posteriormente encaixar un gol a falta de tan só 2 minutos para o final do tempo regramentario, que parecía que abocaba o partido a un empate, pero os noso equipo foi capaz de reaccionar e marcar, xa no tempo engadido, o gol definitivo que nos deu a victoria por 1-2 e que nos afianza como líderes na clasificación, tras estas dúas primeiras xornadas, con 2 puntos de ventaxa sobre o Pedroso e O Val-B, que son precisamente os nosos próximos rivais nos 2 seguintes partidos.
Xa para rematar deixámovos o vídeo do gol acadado de penalti, polos nosos xuvenís, contra o C.D. Narón:
Seguiremos crecendo #EnOndaCoMiño