PLAN COMPETICIONAL 1ª AUTONÓMICA GALICIA 2021/2022

A Real Federación Galega de Fútbol ven de publicar esta mesma fin de semana o plan competicional para a primeira autonómica, categoría na que milita o noso primeiro equipo.

Tanto a configuración de grupos, como o formato da competición, serán os mesmos que os xa deseñados para a pasada tempada 2020/2021 que finalmente non se puido desputar.

Así pois o noso primeiro equipo queda encadrado no Grupo 1, Subgrupo A, xunto cos 7 equipos de Ferrolterra e 3 da cidade de A Coruña.

Os 11 equipos que conforman o noso Grupo son os seguintes:

  • AD MIÑO
  • CEDEIRA SD
  • SD VALDOVIÑO
  • SD O VAL DE NARÓN
  • CD NARÓN
  • CCRYD PERLÍO
  • CULTURAL DE MANIÑOS
  • EUME DEPORTIVO
  • TORRE SD
  • SP CIUDAD
  • URAL-ESPAÑOL

O sistema de competición estará dividido en 2 fases:

Na primeira fase os equipos de cada subgrupo enfrontaránse entre sí nun sistema de liga (xogarán todos contra todos a ida e volta). No caso do noso equipo a competición dará inicio o 10 e Outubro e rematará na súa primeira fase o 13 de Marzo.

A posición na clasificación, ó remate desta primeira fase, determinará en qué grupo se pasa a formar parte na segunda e última fase, que dará comezo o 20 de Marzo no caso das fases pola permanencia e o 27 de marzo no caso da fase polo ascenso e rematarán respectivamente o 22 e o 8 de Maio.

Os 3 primeiros de cada un dos dous subgrupos da primeira fase disputará unha SEGUNDA FASE POLO ASCENSO, nun grupo entonces de 6 equipos no que cada equipo só xogará, a ida e volta, contra os 3 do outro subgrupo, cos que non xogou na primeira fase, nunha liguilla por tanto de 6 partidos, e ó remate da mesma o primeiro clasificado acadará o campionato da categoría no grupo 1 e o conseguinte ascenso á categoría de Preferente Galicia. Convén resaltar que a esta segunda fase non se accede con 0 puntos, senón que os equipos comezarán con 5, 3 ou 2 puntos dependendo se a súa posición foi a de 1º, 2º ou 3º clasificado respectivamente na primeira fase.

A SEGUNDA FASE POLA PERMANECIA, que disputarán os clasificados do 4º ó derradeiro posto na primeira fase, dividirase en 3 grupos de 5 equipos cada un deles, que disputarán unha liguilla xogando todos contra todos a ida e volta, para acabar descendendo finalmente o último clasificado de cada un destes 3 grupos, e os 2 peores penúltimos. Serían por tanto 5 os equipos descendidos de forma directa, pero o número de descensos verase con toda seguridade incrementado polos máis que probables “arrastres” ocasionados por equipos descendidos de categorías superiores. Resaltar tamén que, ao igual que no grupo polo ascenso, os equipos non partirán con 0 puntos ó inicio desta segunda fase pola permanencia, senón que empezarán cunha puntuación que pode oscilar entre 7 e 1 puntos en función do posto obtido na primeira fase.

O calendario de datas da competición para cada un dos subgrupos e fases sería o mostrado na segunte imaxe:

Así pois temos por diante unha tempada que afrontamos coa máxima ilusión, despois de non poder haber disputado a anterior por mor da pandemia ocasionada pola Covid-19, pero sendo tamén conscientes de que será unha tempada especialmente dura e difícil, na que só ascenderá 1 equipo e descenderán como mínimo 5, que seguramente acabarán sendo algúns máis.

Somos optimistas de cara a esta nova tempada porque creemos que coa unión de todos, equipo e afección, sairemos adiante e acadaremos as nosas metas.

Agardámoste en Gallamonde para apoiar ó noso primeiro equipo e estar así #EnOndaCoMiño 🌊

⚪🔴⚪

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad