NACE UN NOVO EQUIPO NA NOSA FAMILIA: A.D. MIÑO “B”

Unha vez rematadas as competicións e tódalas actividades deportivas da pasada tempada 2020/2021, podemos xa anunciar oficialmente, de cara a próxima tempada, a boa nova da creación dun novo equipo no noso Club: A.D. Miño “B”.

Este é un proxecto que levamos tempo planificando e traballando para sacar adiante e por fin se vai converter en realidade na vindeira tempada 2021/2022.

Trátase dunha aposta de futuro, pensada para que os rapaces das nosas categorías inferiores se poidan ir incorporando ó fútbol modesto e lles permita seguir dando pasos cara ó primeiro equipo, que actualmente milita en Primeira Autonómica.

Os xogadores que integrarán este segundo equipo de modestos serán na súa práctica totalidade xóvenes de Miño ou da comarca e que xa saben o que é xogar coa camiseta e o escudo da A.D. MIÑO (nas súas categorías da base e en algúns casos tamén no primeiro equipo).

O adestrador será tamén unha persoa da casa: Ramiro López, que levaba as 3 últimas tempadas adestrando o noso equipo Xuvenil e da así o salto agora ó futbol modesto.

Trátase polo tanto dun equipo feito POR E PARA O POBO DE MIÑO, polo que agardamos que esto nos achegue, aínda máis se cabe, á nosa veciñanza e lles permita a estos rapaces seguir medrando no mundo do fútbol e practicando este deporte na súa etapa senior, entre amigos e no equipo do seu pobo.

Previsiblemente, á espera de que a Federación Galega de Fútbol deseñe o plan competicional definitivo da próxima tempada, este novo equipo, o A.D. Miño “B”, militará na Segunda Autonómica de Ferrolterra e, dende xa, desexámoslle toda a sorte do mundo na súa andadura, porque sabemos que o futuro destes rapaces e deste proxecto está directamente ligado ó futuro do noso Club e os seus éxitos serán tamén os desta gran familia que somos a A.D. Miño.

Queremos dende aquí AGRADECER a AXA, ÁRTABRO SEGUROS DE MIÑO, o patrocinio deste novo equipo do pobo.

AGARDÁMOVOS EN GALLAMONDE PARA ANIMAR ÓS NOSOS EQUIPOS E ASÍ SEGUIR ESTANDO #EnOndaCoMiño 🌊 ⚪🔴⚪

Un comentario en «NACE UN NOVO EQUIPO NA NOSA FAMILIA: A.D. MIÑO “B”»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad