ALTAS E BAIXAS A.D. MIÑO, TEMPADA 2021/2022
Nas últimas datas estamos anunciando en redes sociais as novas incorporacións que reforzarán o nóso primeiro equipo, de cara á vindeira tempada 2021/2222.
Dámosllles a BENVIDA a todos eles e a continuación presentámolos de forma resumida tamén na nosa páxina web:
Daniel Breijo Casal, «BREIJO» (Valdoviño, 2000). Procedente do C.D. As Pontes, no que militou a pasada tempada en Terceira División Nacional. Trátase dun defensa, lateral esquerdo, que tamén podería ocupar posicións de central.

Javier Martínez Valiño, «ARUME», (Betanzos, 1988). Procedente do Betanzos CF, no que xogou a pasada tempada na categoría de Preferente Galega, aínda que xa estivera anteriormente, durante 3 tempadas, no noso club. A súa demarcación habitual é a de defensa lateral dereito.

Jorge Rebolo Rivas, «REBOLO», (A Coruña, 1990). Centrocampista con ampla experiencia en Preferente Galega e en Terceira División Nacional, alternando nos últimos anos clubs como o Laracha CF e o Betanzos CF nos que foi prácticamente titular indiscutible, ocupando habitualmente a demarcación de mediocentro.
Samuel Lozano Chouciño, «SAMU», (1997). Defensa Central. Xogador formado na canteira do Bergantiños C.F. que xogou a súa última tempada en activo no San Sadurniño C.F., en Segunda Autonómica, sendo titular en tódolos partidos disputados.

Damián Lois Campos, «DAMIÁN», (A Coruña, 1999). Procedente do Laracha C.F. no que militou a pasada tempada na categoría de Preferente Galega. A súa demarcación habitual é a de defensa central, posto no que ven sendo titular indiscutible dende ó seu último ano de xuvenil, no que chegou a debutar en Segunda División-B co C.C.D. Cerceda.

Miguel Ángel Santiso Mosquera, «KUMAN», (A Coruña, 1991). Ocupa demarcacións de centrocampista / mediapunta. Na actualizadade xogador da Selección Española de Fútbol Praia, coa que ten acadado varios campionatos internacionais. Xogou na súa última tempada en activo no Fútbol 11 no C.D. Boiro, na categoría de Preferente Galega, onde xa militara anteriormente en clubs coma o Sporting Sada e o Dubra S.D. Ten tamén experiencia en Terceira División Nacional, na que xogou co Betanzos C.F.
A todos eles, ademáis de darlles a benvida, desexámoslles a mellor das sortes, porque xa están #EnOndaCoMiño 🌊 ⚪🔴⚪
Para rematar, comunicamos tamén as baixas de cara á vindeira tempada 2021-2022.:
Marcos Vázquez, o máis veterano, posto que chegou no 2014 e vaise despois de xogar no noso club 6 tempadas
Manu del Río e Diego Buyo, ambos chegaron no 2018 e disputaron 2 tempadas con nós
Moisés Mantiñán, que só xogou con nós 1 tempada, posto que foi o último en chegar, no 2019.
A todos eles queremos darlle as GRAZAS polo enorme esforzo e compromiso amosado durante os anos que estiveron con nós e tamén lles desexamos a mellor das sortes na súa nova andadura. Agardamos que, de unha ou outra forma, sigan estando #EnOndaCoMiño 🌊 ⚪🔴⚪
