ACTOS DE INAUGURACIÓN OFICIAL DO NOVO CÉSPEDE DE GALLAMONDE
Na tarde de onte, sábado 4 de setembro, tiveron lugar os actos oficiais de estrea do novo céspede do Campo Municipal de Gallamonde, nos que se puido desfrutar dun Torneo, en formato de Triangular, coa participación dos clubes do Betanzos FC, SDC Galicia de Mugardos e A.D. Miño.
Betanzos F.C. Galicia de Mugardos A.D. Miño
Cabe destacar que entre o numeroso público que asistíu ó evento, había unha nutrida representación de personalidades de diversos eidos da sociedade, do mundo do deporte, cultural, político, etc. Mención especial merecen a presenza dos seguintes, que adicaron unhas palabras:
- D. Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña
- D. Manuel Vázquez Faraldo, Alcalde do Concello de Miño
- D. Pablo Prieto Perille, Vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol
- D. Bernardo Fernández Piñeiro, Alcalde do Concello de Pontedeume e membro tamén da Deputación da Coruña
D. Alberto López D. Pablo Prieto D. Manuel V. Faraldo D. Valentín González Actos de Inaguración
A todos eles o noso Vicepresindente, D. Alberto López Vázquez adicoulles á súa vez unhas palabras de agradecemento e agasallounos con unhas camisetas do noso clube a modo de recordo do evento e como mostra de gratitude pola súa inestimable axuda para que o cambio de céspede fora posible e se convertira nunha realidade.

Para dar comezo ó Torneo fíxose un saque de honra conxunto a cargo do Presidente da Diputación e do Alcalde de Miño.
Saque de Honra Conxunto Presidente Deputación e Alcalde de Miño
Xa no referido ó triangular, este deu comezo co partido disputado entre o Betanzos CF e o Galicia de Mugardos, impoñéndose os primeiros por un resultado de 1-0. O segundo partido enfrontaba a A.D. Miño e ó Galicia de Mugardos, gañando o noso equipo por 1-0. Chegábase así ó partido final, entre o Betanzos e o Miño, que decidiría o gañador do torneo, impoñéndose con claridade o equipo betanceiro por un resultado de 5-1 que o proclamaba campión, recibindo o trofeo de mans do Alcalde de Miño.
Entrega Trofeo Campión
Este torneo de inauguración, servíu tamén de pistoletazo de saída a pretempada do noso primeiro equipo en canto a partidos amigables, despois de comezar a adestrar esta semana.
Os seguintes partidos amigables dos nosos equipos de modestos serán:
- Xoves 9 de Setembro en Gallamonde ás 20h. xogará o noso primeiro equipo contra a UD Paiosaco
- Sábado 11 de Setembro en Gallamonde ás 17:30h. xogará o A.D. Miño-B contra o Amistade de Meirás
Os 2 partidos serán de ENTRADA GRATUITA, pero pola normativa Covid é necesario inscribirse como público enviando previamente os datos (nome, apelidos, nº DNI e teléfono de contacto) por email a info@admiño.es ou por WhatssApp ó 629221516.
Agardámosvos en Gallamonde para animar ós nosos equipos!!!
#EnOndaCoMiño🌊
⚪🔴⚪
*Agradecemos a muchacalidad.com e futbolferrol.es pola cesión das fotos que ilustran esta noticia.