A.D. MIÑO 1 -1 C.D. NARÓN: Estrea en liga con empate.

O noso primeiro equipo debutou na tarde de onte en competición, co partido que lle enfrontou ó C.D. Narón no Municipal de Gallamonde.

Chegábamos a este primeiro partido con baixas importantes, sobre todo na liña de ataque, pero aínda así fomos quén de plantarlle cara a un dos, a priori, favoritos deste grupo da Primeira Autonómica Galicia.

O partido arrancou con un ritmo moi intenso e con ocasións para os dous equipos. As dúas primeiras para o Narón, ambas en internadas pola banda esquerda do seu ataque coas que se plantaron man a man contra o noso porteriro, Álex Cobelo, pero na primeira ocasión foi un defensa, Dani Breijo, o que sacou o balón baixo paus, e na segunda foi o propio Cobelo o que atallou o disparo do atacante. A continuación viñeron as ocasións para o Miño, a primeira unha dobre ocasión tras un tiro de David Pájaro que repele o longueiro, quedándolle o balón para Fran que, tras un gran recorte, dispara a portería e salva o porteiro visitante cunha brillante parada. Posteriormente un disparo de Jorge Rebolo saleu tamén preto do longueiro. O 1-0 chegou no minuto 37, tras unha falta directa que executa maxistralmente Jorge Queijeiro, colocando o balón con potencia na mesma escadra e facendo inutil a estirada do porteiro visitante. Seguiron creando perigo os 2 equipos nos úlrtimos minutos deste primeiro tempo, no caso do narón con 2 balóns aéreos e polo Miño un remate cruzado de Álex Varela que saeu rozando a base do poste, pero o marcador no se movería e chegouse ó descanso co 1-0.

Momento do Gol do Miño. Foto LFM Fútbol

Xa na segunda parte o Narón saíu en busca do tanto que lle dera o empate e xerou varias ocasión de perigo que non conseguíu materializar, unhas veces por paradas de Cobelo e outras por falta de acerto dos dianteiros visitantes, ata que no minuto 68 un balón que queda rechazado na frontal da áera é rematado por Hugo Vaamonde colándose na portería sen que o noso porteiro puidera facer nada por impedilo. De ahí ó remate do partido algunha outra ocasión, a máis clara delas tívoa preto do final David Pájaro nun remate cruzado diante do porteiro que atalla cos pés. Así chegábase ó remate do partido co resultado final de 1-1 o que supón tamén un reparto de puntos, con 1 punto para cada equipo.

Deixámovos aquí un vídeo co resumen do partido, efectuado por LFM Fútbol:

Na próxima xornada o noso primeiro equipo xogará contra o Sporting Ciudad ACD, na Coruña, que ven de gañarlle a domicilio ó Eume Deportivo por 0-1.

Tamén o próximo fin de semana comezará a competición de Segunda Autonómica para o noso filial, A.D. Miño-B, que ven de golear no último amistoso disputado o pasado sábado en Gallamonde ó Coruña Arboco CF (filial do Silva S.D.) por 4-1 e visitará no primeiro partido de liga a U.D. Narahío.

Cando a Federación comunique ós horarios oficiais, poderase facer a inscripción de público, para esos e outros partidos do próximo fin de semana, no seguinte link:

INSCRIPCIÓNS A PARTIDOS – admiño (xn--admio-rta.es)

#EnOndaCoMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad