ARRANCOU ESTA SEMANA O “I CAMPUS A.D. MIÑO – CONCELLO DE MIÑO”

O luns, día 5 de Xullo de 2021, deu comenzo o “I Campus A.D. Miño – Concello de Miño”, que vai ter unha duración de 2 semanas. Xa no primeiro día, antes de empezar as actividades, repartimos as equipacións coas que agasallamos ós participantes

A primeira semana, que ven de rematar, permitíu que os rapaces seguiran practicando este bonito deporte que é o fútbol tamén no verán, e potenciando as súas habilidades, posto que unha parte importante do Campus está destinada á Tecnificación, contando para elo con un auténtico experto nesta materia, Marcos Novo (ex-xogador profesional e con ampla experiencia en fútbol formativo, que dirixíu incluso escolas de fútbol e que actualmente é xogador do noso primeiro equipo e adestrador nas categorías da base), e coa colaboración tamén de outros monitores, como Álex Cobelo (porteiro do noso primeiro equipo e tamén adestrador nas nosas categorías inferiores) e coa axuda de Antón (xogador xuvenil do noso club). Todos eles baixo a supervisión do noso Coordinador Deportivo, Javier Riveiro.

Ademáis da formación, non menos importante é tamén a diversión, e neste sentido podemos decir que os rapaces disfrutaron enormemente, ca gran variedade de exercicios levados a cabo ó longo de toda esta primeira semana, visitando incluso un dos días, o Xoves, a Praia Grande de Miño e facendo alí tamén mútiples xogos, sempre co balón como protagonista, para rematar na xornada do venres con uns partidillos a modo de torneo/competición entre equipos formados por tódolos participantes no Campus.

Tivemos tamén no Campus a visita de personalidades que charlaron cos rapaces, como por exemplo a do propio Alcalde de Miño, D. Manuel Vázquez Faraldo, así como a do ex-xogador profesional que reside na nosa localidade: Javier Manjarín, que xogou en Primeira División en Clubs como o R.C. Deportivo da Coruña, co que gañou a súa Prmeira Copa do Rei e a Supercopa de España, e que foi xogador tamén da Selección Española de Fútbol, coa que gañou a Medalla de Ouro nas Olimpiadas de Barcelona-92.

Para esta próxima semana quédannos por diante moitísimas máis actividades, coas que os rapaces seguirán sen duda medrando neste deporte, e tamén seguirán divertíndose, porque ademáis da variedade de exercicios, voltaremos a visitar a Praia Grande, e tamén iremos un día ás Pistas Polideportivas da Galea, nas que poderemos prácticar outros deportes, como o fútbol sala, baloncesto, pádel e tenis, para rematar o Campus o Venres, día 16 de Xullo, con máis de unha sorpresa que non podemos desvelar.

Así pois, esta próxima semana, no I Campus A.D. Miño – Concello de Miño, seguiremos estando #EnOndaCoMiño 🌊 e practicando #DeporteEnCaMiño ⚽

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad