REMATOU O “I CAMPUS A.D. MIÑO – CONCELLO DE MIÑO”

Na segunda e derradeira semana do Campus, a diversión e a diversidade de actividades foi aínda maior que na primeira, pois ademáis dos entrenamentos, exercicios e tecnificación deportiva propios dun Campus de Fútbol e que estiveron moi presentes no noso tódolos días, puidemos disfrutar a maiores tamén das seguintes actividades:

O luns, día 12 de xullo, tivemos unha sesión de fotos individuais dos participantes coas que os agasallamos a modo de recordo.

O martes visitamos as Pistas Polideportivas da Galea,, nas que practicamos outros deportes, como o Padel, Tenis, Baloncesto e Fútbol Sala.

O mércores 14 recibimos a visita de Julio Amoedo Chas, veciño de Miño, que foi árbitro profesional e actualmente membro do Comité Técnico de Árbitros, e que tivo unha charla cos rapaces, despertando neles moita curiosidade polo mundo arbitral.

O xoves día 15 voltamos a visitar a Praia Grande de Miño e nesta ocasión acompañounos o bo tempo, polo que ademáis dos xogos na area, puidemos tamén bañarnos e xogar na auga, sempre co balón como protagonista.

O Venres, 16 de Xullo, finalizou o “I Campus A.D. Miño – Concello de Miño” con partidos a modo de torneo entre os participantes, para despois dar paso ós Actos de Clausura nos que tivo lugar a ceremonia de entrega de Diplomas ós partcipantes no Campus (xogadores, monitores e outros colaboradores), que foron entregados polo Alcalde de Miño: D. Manuel Vázquez Faraldo, o Alcalde de Paderne: D. César Longo Queijo e o xogador de Miño: Carlos Do Carmo Silva, que militou nas nosas categorías inferiores e está tempada ven de proclamarse Campeón de España na categoría de División de Honra Xuvenil co RC Deportivo da Coruña. Tamén queremos resaltar e agradecer que os pais mostraron a súa gratitude coa organización do Campus, entregando regalos sorpresa ós Monitores e ó Coordinador Deportivo.

Xa para rematar, despois da ceremonia de entrega de Diplomas e agasallos, tivo lugar unha merenda/cea na que os rapaces puideron continuar a festa e disfrutar deste xeito da despedida e clausura do Campus ata a vindeira edición.

Este Primeiro Campus organizouse dende o Club A.D. Miño co obxectivo principal de ofrecer un novo servizo que creemos que e bo para o pobo de Miño, para o propio club e en especial para os rapaces, despois dun ano tan difícil como o que lles tocou vivir, por mor da Pandemia ocasionada pola Covid-19.

Esperamos que os nenos disfrutaran das actividades e agardamos tamén ter cumprido coas expectativas xeradas.

A maioría dos participantes voltarémonos a ver despois do verán, co inicio da nova tempada, e ós que non vaian a estar no noso club na vindeira tempada, agardamos velos cando menos na próxima edición do Campus, para a que xa comezamos a traballar na súa planificación, pensando en incorporar novas ideas, co obxectivo de que sea aínda mellor e máis completo.

Por último, dende o Club, só nos resta AGRADECER a confianza depositada ó inscribirse no noso Campus e decir que foi UN AUTÉNTICO PRACER poder compartir estos días con tódolos participantes nel (organización, monitores, nenos e tamén pais)

#EnOndaCoMiño 🌊
⚪🔴⚪

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad