GALLAMONDE VESTÍUSE DE GALA PARA VIVIR UN FIN DE SEMANA DE FESTA DO FÚTBOL BASE
Este fin de semana a A.D. Miño fixo novamente de anfitrión, acollendo varios partidos trascendentais en categorías de fútbol base, nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, que vestíu as súas mellores galas para acoller estos acontecementos.
Todo comezou xa na xornada do Venres 25 de Xuño, coa disputa do último partido de liga do noso equipo infantil, que servíu de escenario para celebrar o campionato acadado matemáticamente xa na xornada anterior tras completar esta segunda fase da competición cun pleno de victorias.
Continuou a festa o sábado 26 coa disputa das 3 finais para o ascenso a Liga Galega do Grupo Norte (Coruña. Mariñas, Ferrol) nas categorías de Infantil, Cadete e Xuvenil.
Pola mañán, ás 11h., no partido da categoría Infantil. o Oza Juvenil conseguía o campionato e o ascenso impoñéndose na tanda de penaltis o Club de Campo, tras un resultado de 1-1 ó remate do tempo regulamentario.
Pola tarde, ás 17h. na categoría Cadete, era o Narón o Freixo o que lograba o ascenso gañando con claridade ó Betanzos por 2-6.
Betanzos CF Cadete SDCR Narón O Freixo Cadete Celebración Narón Freixo Entrega Trofeos Cadetes
Remataba esta xornada do sábado coa final da categoría Xuvenil que tamén se tivo que decidir con lanzamentos dende o punto de penalti, tras rematar os 90 minutos con resultado de 0-0 e a prórroga con empate a 1, proclamándose campión nos tiros dende os 11 metros ó Bergantiños «B», que conseguía así o ascenso, impoñéndose ó Atlético dos Castros.
Bergantiños CF «B» Xuvenil At. Dos castros Xuvenil Celebración Bergantiños Entrega de Trofeos Xuvenil
Para rematar, o domingo ás 12:15h. celebrouse a Final do Torneo de Clausura da Liga Galega Infantil Norte, que enfrontaba ós equipos do Bergantiños co de O Val de Narón, na que resultou vencedor e por tanto campión equipo Valexo, tras impoñerse por un resultado final de 1-2.
SD O Val de Narón Infantil Bergantños CF Infantil Celebración O Val Entrega Trofeo Final Infantil Galega
Dende a A.D. Miño felicitamos tanto ós clubes campións, como ós finalistas e damos as gracias ó númeroso público asistente a estos partidos polo seu comportamente cívico e responsable, esperando que se sentiran ben recibidos e disfrutaran do espectáculo deportivo.
Público Final Infantil Público Final Cadete Público Final Xuvenil Prácticamente Cheo en Galamonde para presenciar as Finais de Ascenso a Liga Galega
Agradecemos tamén a presencia de diferentes personalidades da Real federación Galega de Fútbol, como por exemplo o seu Vicepresidente; D. Pablo Prieto, o Delegado da Federación en Ferrol: D. Abraham Yáñez, o Delegado Arbitral de Ferrol: D. Juan Manuel Díaz, así como de representantes da Corporación Municipal do Concello de Miño, encabezados polo propio Alcalde: D. Manuel Vázquez Faraldo, que fixo entrega dos trofeos os campeóns.
Para rematar, dende a A.D.Miño, congratulámonos porque consideramos todo un éxito a acollida como anfitrións destos eventos na nosa localidade, tanto pola gran afluencia de espectadores rexistrada, como polo bo funcionamento a nivel de organización e velando polo estricto cumprimento das medidas de prevención contra a Covid-19.
Así pois, este fin de semana o fútbol base estivo máis que nunca #EnOndaCoMiño