ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O III CAMPUS A.D. MIÑO – CONCELLO DE MIÑO

Xa está aberto o prazo de inscripción para o III Campus AD Miño – Concello de Miño.

Este ano o Campus pasará a ser en horario de mañáns, de 10 a 14h e ocupará 2 quincenas: última de xullo e primeira de agosto, co que os interesados poderán escoller quincena ou ben apuntarse ás 2.

Seguiremos ampliando tamén, con máis diversidade aínda, as actividades que ofertamos, posto que a todas as que xa levamos a cabo nas ediccións anteriores en diferentes entornos, como o campo de fútbol, as pistas polideportivas da Galea e as praias, esta vez engadimos outras, como piragüismo.

A continuación resumimos a información máis relevante do Campus:

  • Datas: Do 17 ao 31 de Xullo e/ou do 1 ao 14 de Agosto
  • Horario: de 10 a 14h. de luns a venres (salvo festivo)
  • Idades: para rapaces nados entre os anos 2007 e 2019 (categorías biberóns a cadetes)
  • Prezo: para unha quincena: 100€ para nenos que fichen/renoven no club antes do 14 de Xullo e 125€ para o resto
  • Prezo: para as dúas quincenas: 150€ para nenos que fichen/renoven no club antes do 14 de Xullo e 175€ para o resto
  • Prezo para segundo membro da mesma familia (IRMÁNS): 50€ cada quincena
  • Regalo de equipación deportiva do Campus (camiseta+pantalón)
  • Máis información en: 629221516 ou info@admiño.es

Para formalizar a inscripción será preciso:

  • Cubrir o seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN ONLINE
  • Aboar o importe da matrícula no seguinte nº de conta da AD Miño: ES3420800087733040009168 (facendo constar en concepto a palabra “campus” e o nome do neno)

Para coñecer máis acerca do noso Campus, podes ver información e fotos da anterior edicción nos seguintes links:

Noticia Web Campus AD Miño 2022

Memoria Fotos Actividades Campus AD Miño 2022

Para rematar, queremos agradecer un ano máis ao Concello de Miño pola súa colaboración, e tamén a de outras entidades privadas como Axa Seguros Ártabro, Supermercado Eroski e DIA de Miño.

Anímate e apúntate ó noso Campus, para estar tamén no verán #EnOndaCoMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad