COMEZOU O II CAMPUS A.D. MIÑO. Xullo 2022

O pasado luns día 11 de Xullo dou comezo a segunda edicción do noso Campus, que rematará o venres 29 de Xullo. Antes do comezo, entregáronse, en bolsas/mochilas individuais, as equipacións para cada neno, compostas de camiseta como a que se ve na imaxe e pantalón de deportes vermello.

.

Os 2 primeiros días as actividades tiveron lugar nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, polo que o deporte protagonista foi precisamente o fútbol, combinando exercicios de tecnificación con partidiños coa finalidade de que os nenos se divertiran mentras practicaban tamén novas habilidades.

.

A maiores, o martes xa con tódolos rapaces uniformados, aproveitamos para sacar unhas fotos, tanto de grupo, como individuais.

.

Xa no mércores desprazamos o Campus ás Pistas Polidepotivas de A Galea, nas que os participantes puideron divertirse aprendendo e practicando tamén outros deportes, como o Tenis, Pádel, Baloncesto e Fútbol Sala.

.

O xoves visitamos a Praia da Ribeira (Praia Pequena) na que puidemos estrear as pistas de Fútbol Praia e Vólei Praia que se acababan de instalar ese mesmo día, ademáis de desfutar de outros xogos na praia, como a Petanca, Rugbi e diversión tamén na auga, xa que nos pegamos un bo chapuzón para refrescarnos.

.

Rematamos esta primeira semana, o venres, volvendo ó Campo de Gallamonde para continuar coa diversión, esta vez en forma de xornada de torneos, dividindo ós participantes en diferentes equipos que competiron entre eles para acadar o campionato.

.

Queremos aproveitar para agradecer ós pais que confiaron en nós, inscribindo ós seus fillos no noso Campus, deixando así a diversión e o aprendizaxe dos seus rapaces nas nosas mans e agardamos non defraudalos e estar á altura das súas expectativas. Tamén agradecemos, pola súa colaboración, tanto ó Concello de Miño como a outras entidades privadas: AXA-Séguros Ártabro, Supermercado Eroski e Supermercado DIA de Miño.

Quédanos por diante 2 semanas máis de Campus, polo que a diversión está asegurada ó dobre!!!… e se queda algún rezagado, aínda estaría a tempo de inscribirse para desfrutar destas 2 semanas que restan de Campus!!!

#EnOndaCoMiño

#DeporteEnCaMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad