PREMIOS PRIMEIRA GALA DO DEPORTE CONCELLO DE MIÑO

O pasado venres 16 de Decembro tivo lugar no salón de actos do Local Social da Rúa a Primeira Gala do Deporte de Miño, na que o noso club obtivo premio e recoñecemento nas seguintes 3 categorías:

🏆 Premio á deportividade e valores deportivos, acadado polo noso equipo prebenxamín por desputar un encontro voluntariamente con 1 xogador menos, para igualarse en número co rival.

Foto Premio Deportividade A.D. Miño Prebenxamín

Vídeo Premio Deportividade

.

.

.

🏆 Premio ó mellor equipo masculino para o noso filial, AD Miño-B, un equipo sénior feito na súa práctica totalidade con rapaces da nosa canteira, por acadar no ano da súa creación, a pasada tempada, un meritorio terceiro posto que lle daba o dereito a xogar a fase de ascenso a primeira autonómica, algo que non puido ser, porque o primeiro equipo milita precisamente nesa categoría.

Foto Premio Mellor Equipo A.D. Miño-B
Vídeo Mellor Equipo

.

.

.

🏆 Recoñecemento no apartado de mencións especiais ó noso Coordinador, Javier Riveiro Villanustre, que xunto co equipo directivo e corpo técnico, leva a cabo unha gran labor para seguir mellorando este Club.

Foto Mención Especial Javier Riveiro

Vídeo Mención Especial

.

.

🏆 Os premiados nas diferentes categorías do certame foron:

1. Mellor equipo masculino: AD Miño ‘B’, categoría sénior.

2. Mellor equipo femenino: kayak de mar CDN Miño.

3. Mellor deportista promesa: María Filgueiras Barcenilla.

4. Mellor deportista masculino: Juan Vázquez Amado.

5. Mellor deportista femenina: Nerea Ramallo Bastida.

6. Á traxectoria deportiva: Rosa Sierra Palmeiro.

7. Mellor entrenador: Lucas García Sanmartín.

8. Mellor evento deportivo: Trail Concello de Miño Boucelo-San Ramón.

9. Deportividade e valores deportivos: Equipo prebenjamín AD Miño.

10. Mellor club: Club Deportivo Náutico de Miño.

11. Mencións especiais: Agustín Riveira Anido, Francisco Javier Riveiro Villanustre, Travesía a nado Praia de Perbes, Judo Club Bemantes.

VÍDEO RESUMO E GALERÍA DE IMAXES DA GALA:

Aproveitamos para AGRADECER a todos os que forman parte desta gran familia que é o club A.D. Miño (directiva, corpo técnico, xogadores, familiares, afeccionados, patrocinadores, etc.) porque cada un aporta o seu grao de area para que este Club siga medrando cada día.

Para rematar AGRADECEMOS ó Concello de Miño polos premios e recoñecementos concedidos eó mesmo tempo darlles tamén a NORABOA pola organización desta exitosa Gala do Deporte, que agardamos sexa a primeira de moitas máis.

#EnOndaCoMiño🌊
⚪️🔴⚪️

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad