XORNADA EMOCIONANTE DE FÚTBOL NO MUNICIPAL DE GALLAMONDE

Este pasado sábado día 19 de Xuño o noso Club, A.D. Miño, fixo de anfitrión acollendo nas instalacións do Campo Municipal de Gallamonde as semifinais polo ascenso á Liga Galega nas categorías de Infantil, Cadete e Xuvenil, que enfrentaban ós equipos da zona de Ferrol cos da zona de A Coruña.

Abríase a xornada ás 11h. co partido da categoría Infantil que disputaron os equipos do C.M.I. Club de Campo contra ó Orillamar S.D. Un partido moi igualado, véndose esto refrexado no marcador, posto que o tempo regramentario rematou con empate a cero, xa que ningún dos dous equipos foi quén de materializar as súas ocasións e convertilas en gol, o que os levou a unha prórroga cun inicio trepidante, posto que xa no primeiro minuto deste tempo extra o Club de Campo adiantábase no marcador ó transformar un penalti que o árbitro sinalou ó seu favor. En menos de 1 minuto, o Orillamar conseguía empatar, na primeira xogada nada máis sacar de centro. Tras esos 2 goles, nos 2 primeiros minutos da prórroga, o marcador xa non se volveu a mover, polo que o pase a semifinais se tivo que decidir con lanzamentos dende o punto de penalti. A emoción foi máxima tamén na tanda de penaltis posto que o Orillamar conseguía converter en gol os 2 primeiros mentras que o Club de Campo os erraba, pero ó final a sorte cambiou e a fortuna acabou por sonreirlle ó Club de Campo que transformaba en gol os seus 3 últimos intentos e vía como o Orillamar os fallaba. Así pois clasificouse por penaltis (2-3) o Club de Campo, que disputará a final a próxima semana contra o Oza Juvenil S.D.

Imaxe do Partido Infantil ente o Orillamar SD e o CMI Club de Campo

Xa pola tarde disputáronse as semifinais nas categorías Cadete e Xuvenil. Primeiro, ás 17h., tivo lugar o encontro de cadetes entre os equipos do S.D.C.R. Narón O Freixo e o Victoria C.F. “B”. O partido púxoselle moi cedo de cara ó equipo coruñés, que conseguía adiantarse no marcador cando só se levaban disputados 5 minutos. Os naroneses souberon encaixar o golpe e despregaron o seu xogo, sin poñerse nerviosos, conseguindo empatar o encontro cun gol de penalti no minuto 26. Con este empate, 1-1, chegábase ó descanso. Xa na reanudación era o Narón o Freixo o que se adiantaba nos primeiros minutos. Unha expulsión dun xogador naronés mediado o segundo tempo facía pensar que o Victoria podía remontar o marcador adverso, pero o Freixo soubo tirar de oficio e incluso acadou unha ventaxa maior con 2 goles máis nos últimos minutos, cando xa os coruñeses se iban con todo o equipo arriba en busca dun gol que lles dera o empate. Resultado final de 4-1, que coloca ó Narón O Freixo na final do próximo sábado en Gallamonde contra o Betanzos C.F.

Imaxe da Semifinal Cadete ente o Narón O Freixo e O Victoria “B”

Para rematar a xornada, dispotouse ás 20h. a última das semifinais, a da catería Xuvenil, co partido entre a A.D. Pedroso e o Atlético Castros. O encontro foi moi igualado e cheo de emoción, con un gran derroche físico, ainda que con poucas ocasións. A medida que o encontro avanzaba, a tensión ía en aumento, tanto na grada como no terreo de xogo, acabando por desencadenarse a mediados do segundo tempo un altercado entre varios xogadores que o árbitro resolveu expulsando a 2 dos implicados (1 por cada equipo). A igualdade chegou ata o final dos 90 minutos e mantívose tamén na prórroga, sin que se movera o resultado inicial de 0-0, polo que a eliminatoria tivo que resolverse na tanda de penaltis e ahí a sorte deulle a espalda ó Pedroso que comezaba tirando e erraba 3 dos 4 primeiros lanzamentos, mentras que o Atlético Castros transformaba os seus 3 primeiros co que gañou a tanda por 1-3 e métese na final contra o Bergantiños C.F. “B”, que tamen se disputará ó vindeiro sábado en Gallamonde.

Imaxe do partido Xuvenil entre AD Pedroso e At. Castros

Así pois, as 3 finais, que se xogarán en Gallamonde o próximo sábado 26 de Xuño, terán os seguintes horarios e rivais:

11H. FINAL CATEGORÍA INFANTIL: C.M.I. CLUB DE CAMPO — OZA JUVENIL S.D.

17H. FINAL CATEGORÍA CADETE: S.C.D. y R. NARÓN O FREIXO — BETANZOS C.F.

20H. FINAL CATEGORÍA XUVENIL: BERGANTIÑOS C.F. “B” — AT. CASTROS

Por mor da COVID-19 o público asistente deberá pasar o preceptivo control de temperatura na entrada ó recinto e quedar rexistrado documentalmente, polo que recordamos que os interesados en asistir como espectadores deberán inscribirse nos listados elaborados por cada Club, que disporá de 60 localidades, e os afeccionados neutrales poderán inscribirse enviando os seus datos (nome, apelidos, Nº DNI e teléfono de contacto) por correo electrónico a: info@admiño.es. Unha vez dentro do recinto deportivo os espectadores deberán respectar en todo momento as normas contra a COVID-19, mantendo a distancia de seguridade, permanecendo sentado durante o transcurso do encontro nas localidades sinalizadas e seguindo as instruccións que indique o persoal da organización.

Imaxe de representantes federativos, da corporación municipal e do público asistente a un dos partidos.

DENDE A ASOCIACIÓN DEPORTIVA MIÑO AGRADECEMOS A PRESENZA NESTE EVENTO DEPORTIVO DE REPRESENTANTES DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL, REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN MUNICIPAL E OUTRAS AUTORIDADES,, ASÍ COMO Ó NUMEROSO PÚBLICO ASISTENTE POLO SEU COMPORTAMENTO EXEMPLAR E RESPONSABLE, AGARDANDO QUE O VINDEIRO SÁBADO VOLTEMOS A VIVIR UNHA XORNADA DE FESTA DO FÚTBOL.

#EnOndaCoMiño🌊

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad