O MIÑO ACOLLERÁ EN GALLAMONDE A FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA

Este fin de semana comenzarán a disputarse as fases finais de ascenso a Liga Galega para as categorías de fútbol base de Infantil, Cadete e Xuvenil e o noso club, A.D. Miño, fará de anfitrión, acollendo nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, os 3 partidos de semifinais da zona de Coruña-Ferrol que se celebrarán o sábado, día 19 de Xuño, e tamén as 3 finais que se disputarán o seguinte sábado, día 26, e que darán o ansiado ascenso á Liga Galega a 3 dos aspirantes.

A xornada do sábado 19 dará comenzo ás 11h. ca primeira semifinal, que será a da categoría Infantil e que enfrentará ós Clubs ORILLAMAR S.D. contra o C.M.I. CLUB DE CAMPO DE FERROL. Xa pola tarde xogaranse as outras 2 semifinais: primeiro, ás 17h, a da categoría Cadete que disputarán os equipos S.D.C. y R. NARÓN O FREIXO contra o VICTORIA C.F. “B” , para rematar posteriormente a xornada coa semifinal da categoría Xuvenil que terá lugar ás 20h. e enfrentará a A.D. PEDROSO contra o ATLÉTICO CASTROS.

Por mor da COVID-19, para asistir como público a estos partidos, cada Club deberá elaborar un listado de asistentes no que consten os nomes, apelidos, DNI e teléfono de contacto de cada persoa que vaia a acceder ó recinto e terán que pasar un control de temperatura na entrada. O público de Miño ou de outras localidades que queira asistir ó partido, deberá tamén comunicar previamemte estos datos por e-mail a info@admiño.es con polo menos 24 horas de antelación.

Temos xa todo preparado para acoller este evento deportivo e desexámoslle a mellor das sortes a todos os competidores, agardando que, tanto xogadores, como corpos técnicos, árbitros e espectadores, disfruten dunha gran xornada de fútbol no Municipal de Gallamonde.

#EnOndaCoMiño 🌊

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad