BALANCE DA PRIMEIRA FASE DE COMPETICIÓN DOS EQUIPOS DA NOSA BASE

Unha vez rematada a primeira fase, destacamos a moi boa traxectoria da maioría dos nosos equipos nas suas respectivas competicións de Primeira Autonómica, o que lles permite en moitos casos meterse na liga dos mellores equipos da comarca de Ferrolterra e loitar así polo ascenso á Liga Galega.

PREBENXAMÍNS: Os nosos máis pequenos en competición, cun balance de 4 victorias e tan só 2 derrotas, conseguen ser o mellor terceiro clasificado de tódolos grupos desta categoría, o que lles da dereito a disputar a liga polo título cos outros 6 mellores equipos da comarca.

BENXAMÍNS: Cunha traxectoria de 5 victorias e tan só 2 derrotas, acadan un meritorio terceiro posto no seu grupo, o que lles permitirá seguir competindo na segunda fase cos mellores equipos desta categoría.

ALEVÍNS: Discreto 7º posto o acadado polos nosos alevíns, nun difícil grupo no que tan só conseguiron unha victoria nos 7 partidos disputados, pero aínda así somos optimistas de cara ó futuro da competición na segunda fase de consolación, pola melloría que se está a ver co avance da tempada.

INFANTÍS: Excelente o segundo posto acadado en esta categoría, perdendo tan só 1 partido dos 8 desputados, co que se clasifican como segundos de grupo para desputar a fase para o ascenso a Liga Galega, cos restante 5 mellores equipos de Ferrolterra.

CADETES: 6º posto no seu grupo, con 3 victorias e 5 derrotas, é o balance dos nosos cadetes, lastrados por varias lesións, polo que agardamos que vaian a máis na segunda fase da competición no grupo polo título de consolación.

XUVENÍS: Notable competición a levada a cabo polo noso equipo xuvenil, que obtén un meritorio terceiro posto tras 6 victorias e 3 derrotas, o que lle permitirá desputar cos mellores equipos a liga polo título, nun grupo que loitará tamén pola fase de ascenso a Liga Galega.

Así pois consideramos, en termos xerais, como exitosa a primeira fase de competición levada a cabo polos nosos equipos, xa que en 4 das 6 categorías conseguimos quedar no “podio”, entre os 3 primeiros clasificados, o que nos permite poder desputar unha segunda fase cos mellores equipos da comarca de Ferrolterra e en algún caso poder loitar polo ascenso a unha categoría superior.

#EnOndaCoMiño 🌊

⚪🔴⚪

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad