ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O II CAMPUS A.D. MIÑO – CONCELLO DE MIÑO

Xa está aberto o prazo de inscripción para o II Campus AD Miño-Concello de Miño.

A continuación poñemos resumida a información máis relevante do Campus:

  • Datas: Do 11 ó 29 de Xullo de 2022 (3 semanas)
  • Horarios: de 19:30 a 21:30h. de luns a venres
  • Idades: para rapaces nados entre os anos 2006 e 2018 (categorías biberóns a cadetes)
  • Prezo: 100€ para nenos que fichen/renoven no club antes do 8 de Xullo e 120€ para o resto
  • Regalo de equipación deportiva (camiseta+pantalón)
  • Solicitudes de preinscricións ou máis información en: 629221516 ou info@admiño.es

Para formalizar a incrición sería preciso:

  • Cubrir a folla de inscrición
  • Abonar o importe da matrícula no nº de conta que consta na folla de inscrición (facendo constar en concepto a palabra “campus” e o nome do neno)
  • Enviar a folla de inscripción cuberta, xunto cun coprobante do pago, ó 629221516 ou info@admiño.es

Este ano o Campus terá maior duración, pasando a ser de 3 semanas, do 11 ó 29 de Xullo. Mantemos o horario de 19:30 a 21:30h. para que os nenos podan desfrutar tamén de outras actividades que ofrece o noso concello e da praia, para rematar o día coas actividades do noso Campus nun horario no que as temperaturas sexan máis levadeiras e o sol menos dañino.

Ampliamos, con máis diversidade tamén, as actividades que ofertamos, así como os entornos nos que levaremos a cabo o Campus, posto que este ano ademáis do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, as Pistas de A Galea e a Praia Grande de Miño, visitaremos tamén a Praia da Ribeira, onde entre outros xogos, practicaremos o Voley-Praia.

Para conocer máis acerca do noso Campus, podes ver as noticias da edición do ano pasado nesta mesma web, a través dos seguintes enlaces:

https://admiño.es/arrancou-esta-semana-o-i-campus-a-d-mino-concello-de-mino

https://admiño.es/rematou-o-i-campus-a-d-mino-concello-de-mino

Por último agradecemos ó Concello de Miño pola súa colaboración, así como tamén a de outras entidades privadas como Axa Seguros Ártabro, Supermercado Eroski e DIA de Miño.

Anímate e apúntate ó noso Campus, para estar tamén no verán #EnOndaCoMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad