DESPEDIDA DO NOSO CAPITÁN, CHEKI

Hoxe toca falar dunha nova despedida que, aínda que xa era agardada e coñecida, non deixa de ser en certo modo dolorosa para nós ter que contala, pero tamén nos enorgullece poder facelo:

Déixanos o noso Capitán, Sergio Candal Rumbo “Cheki”, despois de 9 anos no noso Club, debido a problemas físicos polos que os médicos lle desaconsellan seguir xogando ao fútbol.

Cheki chegou a Miño na tempada 2014/15, procedente do Dorneda CF que por aquel entonces militaba na Terceira División Nacional, para unirse a un club moi modesto, o noso, que daquela tiña ao seu primeiro equipo en Segunda Autonómica.

Liderou ao equipo dende a sua chegada e xa na primeira tempada con nós acadouse o titulo de liga e o ascenso a Primeira Autonómica.

No seu segundo ano estivemos a piques de lograr tamén o ascenso, a Preferente, ao quedar subcampións de Primeira na tempada 2015/16, pero desta vez non puido ser e esfumóusenos o soño tras remontarnos o Sofán a eliminatoria polo ascenso nos derradeiros minutos.

Na súa cuarta tempada no club, a 2017/18, acada o seu segundo título con nós: a Copa de Ferrol, tras derrotar na final ao Galicia de Mugardos por 1-0.

Dende a chegada de Cheki, a A.D. Miño militou ininterrumpidamente en Primeira Galicia, loitando sempre nos postos altos da clasificación e con aspiracións de ascenso, grazas en gran medida ao liderazgo de Cheki e tamén ao seu aporte ofensivo, que o levou a ser o máximo goleador varias tempadas, para acabar sumando un total de 85 goles en liga na súa traxectória defendendo as nosas cores.

Pero como case todo o bo se fai esperar, non foi ata esta última tempada 2022/23 cando por fin se acada o ansiado e histórico ascenso a Preferente para a nosa entidade, poñendo así persoalmente Cheki a guinda ao pastel no ano da súa despedida.

No seu palmarés coa A.D. Miño quedan dous campionatos de Liga e un de Copa, pero na retina quedarán moitos momentos vividos durante a súa andadura con nós e, sen ir máis lonxe, resultará difícil de esquecer os máis recentes no tramo final desta tempada, nos que se lle podía ver claramente na súa faciana a motivación por acadar o ansiado obxectivo, algo que plasmaba no campo deixando a pel en cada xogada e correndo coa ilusión e as forzas propias dun xuvenil.

Viñeches para quedar e proba desto é que dende fai anos instalacheste en Miño e Miño instalouse no teu corazón, así que sempre serás un dos nosos 🤍❤️🤍… O noso Capitán 🫡

GRAZAS POR TODO CHEKI!!! 👏👏🙌

#EnOndaCoMiño🌊
⚪️🔴⚪️

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad