CRÓNICA DA PRIMEIRA XORNADA DE COMPETICIÓN NO FÚTBOL BASE

Á espera do acto de inauguración oficial do novo céspede do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, no que participará o noso primeiro equipo e do que informaremos en próximas datas, esta fin de semana estreamos o novo tapete en competición, con motivo da disputa da primeira xornada de liga nas categorías de fúbol base, á que asistiron representantes da corporación municipal do Concello de Miño, acudindo á xornada do venres o Concellal de Deportes, D. José Manuel Pantín Morado, e á xornada dominical o propio Alcalde, D. Manuel Vázquez Faraldo, ós que agradecemos a súa presenza nestes partidos.

Foto do equipo xuvenil co Alcalde de Miño, D. Manuel Vázquez Faraldo (centro da imaxe)

Xa no eido deportivo, esta primeira xornada deparounos moitas emocións e sortes dispares en canto ós resultados finais para os nosos equipos, con unha vitoria (acadada polos xuvenís), un empate (obtido polos cadetes) e unha derrota (a dos infantís), nos 3 partidos disputados en Gallamonde. Os equipos das categorías alevín e benxamín non competiron, dado que tiveron xornada de descanso.

Abría a xornada a categoría Infantil, no partido disputado o venres día 9 de Abril ás 17:45h, que nos enfrontaba ó Galicia de Caranza-B. O encontro tivo moitas alternativas no marcador, xa que remontamos un 0-1 adverso nada máis comezar o choque, poñéndonos por diante no marcador cun 2-1 xa no segundo tempo, para ó final acabar sucumbindo nas postrimerías do partido, nunha xogada desafortunada que rematou en gol en propia porta a falta de tan só 2 minutos para o remate do encontro, e que deu lugar ó 2-3 definitivo.

Momento do partido da categoría Infantil

Na xornada dominical, do 11 de Abril, tiveron lugar outros 2 partidos en Gallamonde, enfrontado o primeiro deles, ás 10h, ós nosos cadetes, contra os do Narón O Freixo-B, que nos ofreceron un encontro moi igualado, que se víu reflexado no marcador final de 1-1, tras conseguir o noso equipo igualar, no minuto 57, o gol acadado previamente polo equipo rival no último minuto do primeiro tempo. A emoción mantívose ata o remate do partido posto que, xusto antes do pitido final, o noso porteiro detivo un penalti sinalado na última xogada do choque.

Foto do equipo cadete da A.D. Miño

Xa no último partido da xornada deste domingo, que se disputou ás 12h, chegou por fin a ansiada e merecida vitoria, acadada polos nosos xuvenís diante dos do Narón O Freixo. Vitoria que xa empezou a fraguarse moi cedo, cun gol no minuto 8 da primeira parte, o que nos permitíu ir todo o encontro por diante no marcador, ata o remate do mesmo co resultado final de 3-1, que nos coloca como líderes provisionais da categoría despois desta primeira xornada.

Resultado final do partido xuvenil

Destacar a gran afluenza de público rexistrada nestos 3 encontros, así como agradecerlles o seu comportamento responsable, respectando en todo momento as normas establecidas para a prevención da COVID-19.

Foto do público asistente a un dos partidos

Agardamos con impaciencia e ilusión a chegada da seguinte xornada e deixamos á vósa disposicion información completa de tódalas competicións, nas súas diferentes categorías, a través desta mesma páxina web, no apartado de “Horarios, Resultados e Clasificacións”: http://admiño.es/horarios-resultados-e-clasificacions

#EnOndaCoMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad