A.D. Miño

HISTORIA

A foto más antiga que consta nos archivos do club data de 1935, un ano antes do inicio da Guerra Civil Española.

Dende os seus comeenzos o Miño Club de Fútbol converteuse nunha institución no municipio. Consigueu que o nome do noso pobo se fixera un oco no panorama futbolístico de toda a provincia, polos grandes logros acadados e tamén por unha gran afección, que o seguía a todas partes.

O maior esplendor do Club de Fútbol de Miño foi nos anos 70, converténdose nun dos equipos máis temidos e no club que máis trofeos obtiña. Foron campeóns das Mariñas, da Copa da Coruña, do Mini Teresa Herrera, do Trofeo Conde de Fenosa e tamén do Trofeo García, que enfrontaba ó campeón da zona das Mariñas contra o da zona da Costa.

Algunhas vitorias do noso club sobrepasaron as fronteiras galegas, como por exemplo a obtida en 1976 ante a U.D. Salamanca, por 2-1 e da que se fixo eco o diario deportivo de tirada nacional, Marca, xa que por entonces o equipo salmantino militaba en 1ª División Española e nas súas filas xogaban, entre outros, figuras coma os arxentinos Jorge D´ALESSANDRO (porteiro) e Ricardo Néstor REZZA, ou o galego da localidade veciña de San Martín de Porto (Cabanas) Juan Alberto BUSTILLO.

Como éxitos máis recentes do noso club poderíamos mencionar os dous Campionatos de Liga de 2ª Autonómica (anos 2013 y 2015), que supuxeron ascensos a 1ª Autonómica, así coma os dous últimos Campionatos de Copa da Delegación de Ferrol (anos 2014 e 2018).

Equipo Ascenso a 1ª Autonómica. Tempada 2012-2013

Mencionar tamén que recentemente, o ano 2016, o noso club estivo a punto de conseguir o fito de ascender á Categoría de Rexional Preferente, pero o sono nesta ocasión se esvaecéuse, despois de poñernos por diante no marcador, a falta de tan só uns minutos para o remate do último partido da eliminatoria polo ascenso que nos enfrontaba ó Sofán SD… pero seguiremos intentándoo!!!

Vista previa(abre en una nueva pestaña)

#EnOndaCoMiño

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad