FÚTBOL BASE FERROL: CONFIGURACIÓN DE GRUPOS E PLAN COMPETICIONAL 1ª AUTONÓMICA

A delegación da Federación Galega de Fútbol en Ferrol ven de publicar esta semana os calendarios oficiais das competicións de fútbol base de categoría autonómica na comarca de Ferrolterra, nas que participamos coas categorías inferiores da A.D. Miño.

A competición disputarase en formato express, de aproximadamente 2 meses de duración, iniciándose este próximo fin de semana e rematando a mediados ou finais do mes de Xuño, según a categoría.

Os grupos e plan competicional quedaron configurados da seguinte forma:

CATEGORÍA XUVENIL:

Grupo e Plan Competicional Categoría Xuvenil

A categoría Xuvenil estará formada por un único grupo, con 6 integrantes, que disputarán unha competición en formato liga de 10 xornadas (todos contra todas a ida e volta), Despois desta fase regular, o campión ´xogará unha promoción de ascenso, consistente nunha eliminatoria a ida e volta contra o segundo clasificado da delegación de A Coruña, ascendendo o gañador da mesma á Liga Galega.

CATEGORÍA CADETE:

Grupo e Plan Competicional Categoría Cadete

En Cadetes, o plan de competición será o mesmo que na categoría Xuvenil, aínda que, no caso desta categoría, os equipos que integran o grupo único son 5.

CATEGORÍA INFANTIL:

Grupos e Plan Competicional Categoría Infantil

A categoría Infantil estará dvidida en 2 grupos, de 4 equipos cada un deles, que disputarán unha primeira fase con formato de liga de 6 xornadas (todos contra todos a ida e volta). Nunha segunda fase os 2 primeiros de cada grupo cruzaranse en eliminatorias, nas que o gañador da final disputará a promoción de ascenso contra o segundo clasificado da delegación de A Coruña, ascendendo á Liga Galega o vencedor. Tamén haberá unha segunda fase para os equipos clasificados nos últimos postos na liga regular.

CATEGORÍA ALEVÍN:

Grupos e Plan Competicional Categoría Alevín

No caso da categoría Alevín o formato de competición será o mesmo que na Infantil, só que aquí serán 4 os grupos da primeira fase (2 grupos de 4 equipos e outros 2 grupos de 3 equipos).

CATEGORÍA BENXAMÍN:

Grupos e Plan Competicional Categoría Benxamín

Por último, a categoría Benxamín conformarase en 2 grupos, de 5 equipos cada un, que xogarán en formato liga a ida e volta, trala que os gañadores de cada un dos grupos disputarán unha eliminatoria final para determinar o Campión.

Nesta atípica tempada non haberá competición oficial na categoría Prebenxamín, pero organizaranse amigables para que tamén os máis pequenos poidan desfrutar da disputa de partidos.

Para rematar, deixámosvos os horarios da primeira xornada dos nosos equipos:

Desexámoslle a mellor das sortes ós nosos rapaces na competición!!!

1… 2… 3… AD!!!

#EnOndaCoMiño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a IONOS que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad