admiño

A.D. MIÑO COMUNICADO OFICIAL: MANEL MONTERO, NOVO ADESTRADOR DO PRIMEIRO EQUIPO

No día das Letras Galegas, e tan só un día despois de comunicar a marcha do noso anterior adestrador, xa podemos anunciar a fichaxe do que será o seu relevo de cara á próxima temporada 2021/2022: Manuel A. Montero López, procedente do Meirás Club de Fútbol.

Trátase dun técnico xoven, de tan só 39 anos de idade (08/05/1982), pero que acredita unha ampla experiencia como adestrador en equipos de fútbol afeccionado da comarca de Ferrolterra adestrando, ademáis do xa mencionado Meirás CF onde levaba dende o ano 2015, outros equipos como a SD O Val de Narón, entidade na que estivo durante10 anos formando parte do corpo técnico en práctcamente tódalas súas categorías, ata chegar a ser o adestrador do primeiro equipo, cando este militaba na Preferente Galega. Na súa traxectoria conta con un ascenso a Segunda Autonómica cando tiña tan só 27 anos, acadado na temporada 2009/2010 co Aspirantes CF, mentras compaxinaba adestramentos tamén nas categorías inferiores da SD O Val.

Confiamos plenamente en que a súa incorporación ó noso club nos axudará a acadar os obxectivos plantexados e nos permitirá seguir crecendo e mellorando no eido deportivo, neste novo proxecto que estamos a construir e que agardamos que nos permita chegar a alcanzar nóvos éxitos e metas máis altas no futuro.

BENVIDO A MIÑO, MANEL!!! ⚪🔴⚪

DESEXÁMOSCHE TODA A SORTE DO MUNDO NESTA NOVA ANDADURA. 🍀 ⚽️

A túa sorte será tamén a nósa porque xa estás #EnOndaCoMiño 🌊

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Asociación Deportiva Miño.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  IONOS.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad